Xa temos tiktoker de vacas

Despois de moito deliberar, o Consello das Vacas decidiu que @Emejotisa será o noso tiktoker de vacas, e temos máis sorpresas!

Serás ti o noso novo Tiktoker de vacas?

Se es aventureiro, gústache gravalo tooodo e sabes todos os trends de Tiktok: prepárate para unha fin de semana incrible na nosa granxa! Por suposto, con tooodo incluído (podes vir só ou co acompañante que quieras) e ademais, ganarás 2.000€.

O teu traballo consistirá en gravar a túa experiencia e publicala nas túas redes sociais.

Non se precisa experiencia previa, pero si que che gusten tanto os animais como facer Tiktoks e, por suposto, que estés preparado para ter unha fin de semana digna de gardar nos teus destacados.

Vivirás unha aventura 100% rural, breve como un story pero moOoi intensa,  donde pasarás unha fin de semana nunha camper arrodeado das nosas vacas e te farás o mellor amigo da nosa patrulla garda vacas.

Temos un feixe de actividades planeadas para que pases unha fin de semana 100% ao estilo granxeiro e cheo de pastoreo en Casa Grande de Xanceda.

Se estás preparado para este challenge mándanos un tiktok ou un reels de máximo 1 minuto explicando (ou bailándonos, como prefiras) por que eres o candidato ideal.

A data máxima para presentares a túa candidatura é o 11 de xuño

Enche o formulario e sube o teu vídeo!

Para participar nesta gran aventura, envíanos o teu vídeo máis tolo, divertido e 100% estilo granxeiro! Importante: tes que explicarnos por que eres o candidato ideal en menos dun minuto e en formato vertical (non sexas boomer!). Grávao onde queiras e como ti queiras!

A data máxima para presentares a túa candidatura é o 11 de xuño.

Posto de traballo: Tiktoker de vacas.

Tarefas: gravar a túa experiencia na granxa e compartirla cos teus followers.

Horario: tempo completo do 1 ao 2 de xullo.

Remuneración: fin de semana nunha camper con todos os gastos cubertos para ti e unha persoa que te acompañe + 2000 euros.

Idiomas requeridos: que te entendas moOoi ben cos animais e domines a doblaxe de audios virais de TikTok

Beneficios:

  • Desprazamento ata a granxa pagado pola empresa
  • Todos os gastos cubertos
  • Terás os mellores compañeiros de traballo
  • Recibe todo o agarimo das nosas vacas
  • Experiencia única arrodeado de animais e natureza
  • Actividades diarias para descubrir a granxa e a zona

Experiencia: Actividades en Casa Grande de Xanceda + Fin de semana nunha camper dos nosos amigos de Van&Fun!

Calendario de actividades:

1 de xullo

  • Chegada a Santiago de Compostela.
  • Recollida coa camper e viaxe ata Xanceda.
  • Paseo pola granxa para facerte co dominio do espazo.
  • Traballo de socialización e adestramento de dúas mastinas e un can pastor.
  • Xantar
  • Muxidura.
  • Agroioga: oiga entre vacas
  • Cea
  • Observación de fauna nocturna co grupo hábitat

2 de xullo

  • Saída aos prados coas vacas
  • Visita ao Colmear de Casa Grande de Xanceda.
  • Xantar.
  • Traballo de educación co noso burro Skye.
  • Comida en Antón Veiras.
  • Volta a Santiago de Compostela
  • Viaxe de volta.

Somos unha granxa familiar ecolóxica de verdade, palabra de vaca!

Que quere dicir isto?

Que mantemos 200 hectáreas de zonas húmidas, bosques e pastos cheos de biodiversidade. 75 desas hectáreas son un espazo natural protexido!

As vacas non deben comer ningún tipo de alimento que fose tratado con herbicidas, pesticidas ou insecticidas.

A nosas vacas saen pacer 360 días ao ano. Os 5 restantes reservámolos para días con moOoito frío ou chuvia, xa que prefiren quedar ao caloriño nas súas camas de palla.

Os fertilizantes químicos tamén están prohibidos.

Cada unha das nosas vacas ten o espacio equivalente a un campo de fútbol.

Respectamos os ciclos naturais das vacas sen alteralos de xeito artificial.

O noso compromiso vai moito máis alá, somos unha biogranxa que mantén un forte compromiso coa súa contorna e o medio ambiente:

Non usamos pesticidas nin produtos químicos.

Cada ano plantamos máis de 300 árbores.

O noso vaso é 100% reciclable e coa tapa de plástico máis fina posible.

Somos Espazo Natural Protexido! 75 hectáreas da nosa granxa constitúen as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro.

Preocupámonos por tratar da mellor maneira posible as nosas vacas, con 360 días de pastoreo e pastando case todos os días herba ecolóxica.

Temos máis de 50 casas niño e 30 colmeas de abellas na nosa granxa.

Tamén temos unha cadeliña, Malibú, que viaxa polos coles de toOoda Galicia para educar os nenos en tenza responsable de animais.

Apostamos pola contratación indefinida, a formación continua e a conciliación.

Traballamos para levar a nosa filosofía máis alá da nosa granxa co fomento do ecoloxismo, o desenvolvemento sostible e o emprendemento no noso rural galego.

"A que agardas para te postular ao mellor traballo do muUndo e ser o noso Tiktoker de vacas?"